Tuesday 30 de April de 2024

O Concello de Frades conmemorará o Día das Letras Galegas cun espectáculo de “Os 7 magníficos +1” sobre tres obras de Manuel María


Dirixido a un público familiar, a actuación terá lugar o luns 16 de maio, ás 17:00 horas, no Multiúsos de Frades

O Concello de Frades conmemorará o Día das Letras Galegas coa representación de “O conto de Barriga Verde”, un espectáculo producido pola compañía “Os Sete Magníficos máis Un”, protagonizado por Fran Rei e que mestura narración oral, humor e maxia. Unha funcion especialmente dirixida a un público familiar e que poderá disfrutarse no Multiúsos de Frades este luns 16 de maio, ás 17:00 horas. A obra ten unha duración aproximada de 55 minutos. A entrada é libre e de balde.

Dirixido por Tareixa Campos e escrito por Avelino González e o propio Fran Rei a partir de tres das obras de Manuel María (“Barriga Verde”, “Os Soños na Gaiola e Aventuras” e “Desventuras dunha Espiña de toxo chamada Berenguela”), “O Conto de Barriga Verde” pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense, a quen se lle dedica o Día das Letras 2016. Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo seu namoramento de Catuxa. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno ao mesmo tempo, demostrarán que nada pode ser máis forte que o amor verdadeiro.